O REINO DOS PROTOCTISTAS

Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre os protoctistas, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Que caracteriza aos organismos deste reino?", "Que tipo de protoctistas hai?", "Son perxudiciais os seres protoctistas para a saúde?", "Que beneficios nos aportan os protoctistas?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






sábado, 1 de mayo de 2010

O reino dos protoctistas

Reino dos protoctistas: Organismos unicelulares ou pluricelulares eucariotas moi sinxelos, xa que nunca chegan a formar tecidos.
Características xerais: Poden ser PROTOZOOS e ALGAS.
Os protozoos: Unicelulares eucariotas, case todos heterótrofos. Localízanse en augas mariñas, nas pozas do solo,...
Función de nutrición.
Algúns nútrense de pequenas partículas que hai no medio.
Outros absorben o alimento dos organismos nos que viven.
A maioría son cazadores e aliméntanse doutros organismos microscópicos.
O alimento captúrano de formas moi variadas:
Cilios: Pequenos peliños.
Pseudópodos: Emitindo pequenas prolongacións do seu corpo.
Función de relación.
Algúns son inmóbiles.
A maioría son móbiles.
Función de reproducción.
Asexual.
A máis corrente é a división do corpo celular en dous ou máis descendentes.
Os protozoos e as persoas.
Algúns son parasitos de animais e seres humanos.
Poden causar graves doenzas:
Malaria.
Disentería.
Enfermidade do sono.
Transmiten as enfermidades:
A través da auga contaminada.
Por medio de moscas e mosquitos.
Mecanismo de desprazamento dos protozoos.
Cilios (paramecios de augas estancadas con materia orgánica en descomposición).
Flaxelos (tripanosoma que causa a enfermidade do sono pola picada da mosca tse-tse).
Pseudópodos (amebas, que se son parasitas causan graves enfermidades).
As algas: Seres vivos autótrofos eucariotas, a maioría unicelulares, aínda que as máis coñecidas son as pluricelulares. As súas células teñen parede celular como os vexetais.
Función de nutrición.
Realizan a fotosíntese, xa que as súas células teñen cloroplastos.
Función de relación.
A maioría son acuáticas (augas doces e mariñas).
Algunhas poden vivir na cortiza dos árbores ou sobre rochas.
Algunhas poden vivir no pelo dos preguiceiros, os que lle dan unha cor verdosa que lles serve de camuflaxe.
Función de reproducción.
Asexual.
Esporas.
As algas e as persoas.
Dende tempos remotos utilizáronse como alimento.
Extráese delas unha xelatina (agar) moi empregada para cultivar bacterias.
Pódense utilizar como espesantes (nas gominolas).
Tamén se usan como colorantes (pinturas industriais, caramelos, gominolas,...).
Algunhas, cando medran en exceso, causan problemas de contaminación nos lagos e pantanos.
Certas algas mariñas son moi perigosas para os animais e as persoas, xa que son capaces de producir substancias tóxicas.
Tipos de algas.
Algas pardas ou feofitas.
A maioría son mariñas.
A súa cor débese a un pigmento de cor pardo que se encontra nos cloroplastos.
Algas vermellas ou rodofitas.
A maioría son mariñas.
A súa cor débese a un pigmento de cor vermello que se encontra nos cloroplastos.
Algas verdes ou clorofitas.
Son mariñas e de auga doce.
A súa cor débese a un pigmento de cor verde que se encontra nos cloroplastos, a clorofila.

viernes, 24 de octubre de 2008

Glosario: Os protoctistas

- Alga parda.
- Alga verde.
- Alga vermella.
- Alga.
- Cilio.
- Cloroplasto.
- Flaxelos.
- Nutrición.
- Pluricelular.
- Protozoo.
- Pseudópodos.
- Relación.
- Reproducción.
- Unicelular.

viernes, 17 de agosto de 2007

Verzas do mar (2ª parte)



Documental emitido pola segunda cadea sobre o alga wakame e a súa explotación.

Verzas do mar (1ª parte)



Documental emitido pola segunda cadea sobre o alga wakame e a súa explotación.

Posidonia



Posidonia é unha peza curta, dentro da serie 'Formigas' da Canle Natura, que nos mostra a importancia destas algas.